O Dicionario de Sinónimos do Galego da Universidade de Vigo, elaborado por Xosé María Gómez Clemente, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões, permite consultar máis de 200.000 voces da nosa lingua agrupadas en máis de 40.000 acepcións pola súa semellanza de significado.
A aplicación Sinónimos do Galego é totalmente gratuíta e facilita o acceso desde dispositivos móbiles ao Dicionario de Sinónimos do Galego en liña dispoñíbel na web no enderezo <a href="https://www.google.com/url?q=https://www.google.com/url?q%3Dhttp://sli.uvigo.es/sinonimos%26sa%3DD%26usg%3DAFQjCNGKwnEaokCArjVHddFyIoZ42Z5c6A&sa=D&usg=AFQjCNH4OVusHzwpESp39HE14Orki1tLEA" target="_blank">http://sli.uvigo.es/sinonimos</a>.
Edita a Área de Normalización Lingüística da Universidade a través do Convenio de Colaboración en materia de normalización lingüística entre a Universidade de Vigo e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Deseño e desenvolvemento
web/app: Acuarela Comunicación sll / Ayco Internet. Esta aplicación distribúese con Licenza Creative Commons Attribution 3.0.
</div> <div class="show-more-end">